¿Acaso non semella unha frivolidade facer teatro hoxe? Un capricho aíllado, un analxésico, unha viaxe opiácea, un simple divertimento cara onde levar as inquedanzas do EU máis egoísta? ¿Pode o teatro trascender os límites do valado onde se produce e facerse pobo?
Máis aló do capricho érguese a necesidade natural de actuar, a necesidade natural do traballo: facer teatro co sentimento inexorábel do corpo que se somerxe nas entrañas da terra; facer teatro coa sinxeleza muda do carpinteiro; traer ao espazo escénico o frío do inverno que bate na cara do mariñeiro. Teatro. Traballo. Súor. Cansanzo.
Mais quizáis isto non sexa posible. Quizáis o teatro sexa nada máis que ruína romántica, lugar contemplativo, alimento espiritual, estético, paisaxístico, espazo a onde ir deitarse, atender ao lume do crepúsculo, e suspirar.
Teatro Gradín créase nas festas de Vilariño, en Cambados, no verán de dousmildazaséis, ao tempo que a orquestra Capitol interpretaba “Vuelve” de Juan Magán e Paulina Rubio.