Xornada portas abertas Encontro Paraíso Illa San Simón 2023
Nese sétimo ano de Encontro Paraíso abrimos ao público un dos días do programa para que a cidadanía poida achegarse e coñecer as investigacións e creacións dalgunhas das Artistas Paraíso 2023 e compartir esta xornada con todas as participantes do encontro.
Así, o sábado 23 de setembro ás 9.30h podedes achegarvos até o Porto de Cesantes en Redondela para coller un barco que vos traerá até a Illa San Simón para gozar dun unha xornada de aperturas artísticas e un xantar colectivo até o regreso a porto programado para ás 19.30.
O programa de portas aberta do sábado 23 de setembro é o seguinte:
09.30 h | Saída do barco no Porto de Cesantes
10.30 h | Conferencia arredor de “Bocarra” con Luísa Saraiva
11.30 h | Conferencia performativa “Movimientos; operando con Gertrude Stein” de Norberto Llopis
14.00 h | Xantar
17.00 h | Site-specific “Cuando le permito al cuerpo aquello que digo” de Alejandra Balboa
18.00 h | Conferencia performativa “Queixa [què volen aquesta gent]” de Brigitte Vasallo
19.30 h | Saída do barco cara o Porto de Cesantes
As prazas son limitadas, previa inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScBob0jsPthW9VWOOSP9grz2neVO6ck8kltoOEb35GmPea-CA/viewform.