O que segue
17, 18 y 19 de enero en el Teatro Ensalle
“O que segue son eu que o
sigo intentando, soñando
que conseguirei satisfacer
completamente a miña
necesidade de comunicación.
Non pode existir sen a
música nin os xuizos das
miñas disertaciones sobre a
realidade. É un acto de
resistencia escénica a
través da composición
musical, o vídeo, a danza e
un relato feroz do cotiá e
as miñas contradiccións
entre a arte e a vida”.
O que segue está despois, é unha fuxida cara adiante, un exceso de futuro. O que segue é atopar un xeito de vivir intelixente, de aceptación dunha mesma e das outras/os. O que segue é un novo proxecto de reciclaxe manual das miñas desfeitas que se abalanzan sobre min cando abro o armario do meu cuarto. Unha produción na que quede constancia de tódalas miñas habilidades adquiridas gracias os tutoriais do youtube.
O que segue é un novo tema con loops do garage band, o que segue é unha letra en inglés inventado. O que segue é coidar a miña nena interior ferida. O que segue é eu cantando un cante jondo ou lendo unha das entradas do blog Lo que sigue en Teatron. O que segue é pechar as portas á ira do pasado para comenzar de novo a ritmo de techno refinado con tintes africanos. O que segue é ensinarvos os meus poderes. O que segue é un estado líquido, proceso, enerxía e a sua dirección cara vós. Que o que segue ocupe o seu lugar noutro espazo, que abandone o noso tempo a partir de agora.
Ficha artística
Cristina Balboa.
Creación, direción, textos, música orixinal e videocreación: C. Balboa.
Asistencia direción: Manuel Parra García.
Dramaturxia: C. Balboa e M. Parra García.
Iluminación: Afonso Castro.
Produción: Manu Lago e C. Balboa.
Vestiario: Paula Quintas e Centro Dramático Galego.
Espazo escénico e deseño gráfico: Mauro Trastoy.
Tradución: Natalia Troitosende.
Vídeo: Ángel Sousa.
Web: M. Lago.
Fotografía: Á. Sousa, Fran Riveiro e M. Lago.
Difusión: Mónica Mejías – Correveydile e M. Lago.
Produce: Funboa Escénica.
Coproduce: CDG, Agadic, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia.
Colaboran: Colectivo RPM, Concello Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, Proxecto Pank e Galicia Danza Contemporánea.
Agradecementos: A miña chamana Marga “La Buha”, Fefa Noia, Xoan Xil, Sala Agustín Magán, Residencias Paraíso, Alexis Fernández – Maca, Andrea Quintana, Caterina Varela Garea, Féliz Fernández, Sadhguru, Elena Malova, Estevo Creus, Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Marta Miranda e os meus sosorios, miña brother e os meus pais.