(PERDON, ESTO IBA A TENER OTRA FORMA, PERO LAS MAYUSCULAS NO TIENEN VUELTA ATRÁS. DESASTRE ACENTUADO.)
ESTÉTICA Y GESTOS DE LA VIOLENCIA ( EVIDENCIAS )
OS PAQUETIÑOS DOS MAICES FRITOS TEÑEN DEBUXOS DE SOLDADOS. O BOTE DO XOGUETE DE FACER POMPAS DE XABRON É DE COR VERDE MILITAR, TEN A FORMA CASE EXACTA DAS TORRES MILITARES QUE RODEAN POR EXEMPLO Á CIDADE DE NABLUS, NAS COLINAS. (EN REALIDADE SON BRANCAS, PRIMEIRA MENTIRA). CHAVEIROS METRALLETA E CARTEIS DOS MARTIRES. NA ENTRADA DA CIDADE VELLA, NA RUA DE ADOQUINS BRANCOS AMARMOLADOS E ESTREITIÑOS, A MAN ESQUERDA, NUNHA PRAZA QUE PODERIA PARECER DA VILA DE MUROS, PENSEI QUE HABÍA A CARTELERIA DUN CINE, PERO NON, ERA UN LUGAR DE HOMENAXE AOS MARTIRES. PARECIAN CARTEIS DE PELICULA, CINCO SEGUIDOS. QUE RARO SERIA TRAERSE UN A CASA. ADEMÁIS PODE IMPLICAR NON VOLVER A ENTRAR NUNCA MAIS NA PALESTINA, NIN NAS ZONAS OCUPADAS POR ISRAEL. E TAL VEZ TAMPOUCO EN XORDANIA, PERO AHI XA NON SEI. É CLARAMENTE MELLOR QUE NO AEROPORTO NON SE ENTEREN DE QUE DURMICHES NO WEST BANK (PALESTINA), NIN QUE TES RELACIONS, DO TIPO QUE SEXA, CON HABITANTES DE ALI, NIN QUE GOSTAS DE CONSERVAR IMAXES DOS MARTIRES. PODERIAN LEVARCHE A UNHA HABITACION APARTADA DO RESTO, PARA FACERCHE UN INTERROGATORIO (SUPOÑO QUE O É) NO QUE PODEN CHEGAR A PEDIR QUE ABRAS O TEU CORREO ELECTRONICO, OU O FACEBOOK. E DENDE QUE OS TELEFONOS ESTAN SINCRONIZADOS CON TODO ISO, É MOITO MÁIS DIFICIL A DISCRECIÓN, OU NEGARSE A FACILITAR INFORMACION INTIMA. HAI UNHA LEI QUE OS AMPARA. ANTES NON A HABIA E FACIANO IGUAL, PERO A COUSA ESTÁ RELAXADA PARECE, XA NON SE ESCOITAN HISTORIAS ESCABROSAS, NIN TES MEDO DA AGRESION FISICA, NIN CHE PIDEN QUE ABRAS AS PERNAS. A AGRESIÓN PSICOLOXICA SI QUE EXISTE, MELLOR IR PREPARADA, REFLEXIONAR, RECORDAR O ABSURDO DO SEU ABUSO DE PODER. ACABOME DE MIRAR COS SEUS OLLOS E DE REPENTE SINTOME UNHA ESCRITORA DE MANUAIS PARA TERRORISTAS. JODER, ME JUSTIFICO: SE QUERES IR A FACER RIR, O PAIASO, BAILAR EN ESCOLAS, HOSPITAIS OU RUAS, SE QUERES COÑECER UNHA REALIDADE QUE CHEIRA A BRAVÍO, MERCAR UNHA PALESTINA EN HEBRON, COMER UN FALAFEL A TRES CHICLES EN NABLUS, FLOTAR NO MAR MORTO, COÑECER A PERSOAS QUE TRABALLAN NA TRANSFORMACION SOCIAL (E NA SANACION ENGADO EU) A TRAVES DE ARTES COMA O TEATRO, O BREAKDANCE, A PINTURA, O PAIASO, A DANZA, OS MURAIS… POIS NON PODES. NON ESTÁ PERMITIDO. ENTENDESE COMA UNHA COLABORACION Á REBELION OU Á RESISTENCIA PALESTINA. NON SE PODE. DELITO. MAL. E PODEN DECIDIR NO AEROPORTO PROHIBIRCHE O ACCESO INDEFINIDAMENTE. NUNCA MAIS NABLUS.
AQUELO É UN DOS FRACASOS DO MUNDO ENTEIRO (OUTRO É O DOS NENOS DAS RÚAS, E A DEBASTACIÓN DA AMAZONÍA). ALI FAN O QUE LLES DA A GANA, DENDE O AEROPORTO, A XERUSALEM, A HEBRON… PÁRASE UN CAMION EN BALATA (CAMPO REFUXIADOS DE NABLUS) AMETRALLAN EN DE REDOR E SIGUEN CONDUCINDO (PASOU DIAS ANTES). BAIXAN MIL SOLDADOS A FACER MANOBRAS MILITARES (PRACTICAS): POLA NOITE ENTRAN NA CIDADE (SEN EXPLICAR PORQUE, NIN POR CANTO TEMPO ESTARAN ALI) E ENSAIAN A ABRIR PORTAS DAS CASAS CON PEQUENOS PREPARADOS EXPLOSIVOS (BOMBAS), INDENTIFICAN AO PERSONAL (ANTES O DESPERTAN E SACAN DA CAMA SE NON ESTÁ XA EN PE), MIRAN RELOXO (ME SUPOÑO) E FORA, SEGUINTE APARTADO (APARTAMENTO), ANTES DO AMENCER MARCHAN, E OS BEBÉS E OS MAIORES QUEDAN CHORANDO (ISTO DIAS ANTES TAMEN). (O DA HORA Á QUE MARCHAN É A SEGUNDA POSIBLE MENTIRA, O QUE SI, A ISO DA UNHA DA NOITE DIXERON QUE PARA CASA, QUE É A SOLDIER’S TIME, A HORA HABITUAL DE BAIXADA, DO BAR CORRENDO PRA CASA). PRACTICAS MILITARES NA VIDA REAL, COMO O DOS TOROS. TAMEN EN BALATA HAI UN CEMINTERIO FUSILADO, MILES DE BALAS E IMPACTOS MÁIS GRANDES NOS MUROS, NAS TUMBAS. DA MEDO IR AO CEMENTERIO POR SE CHE MATAN. ENTRETÉÑENSE A DISPARARLLE NAS TUMBAS DESA XENTE CREENTE, QUE DE TODAS MANEIRAS NON PODEN VISITAR. O CAMPO, QUE É COMA UN BARRIO MARXINAL DUNHA CIDADE, ESTÁ RODEADO DE TORRES MILITARES, NAS COLINAS E NOS EDIFICIOS. CON SOLDADOS QUE CAMBIAN CADA POUCOS DÍAS DE POSTO E CADA 3 MESES DE ZONA OU CIDADE. SOLDADOS E SOLDADAS DE ENTRE 18 E 25 ANOS TAL VEZ, E EU DIRIA QUE A MODA ESTÁ EN 20. CON FEROMONAS, INSCONSCIENCIA IMPLÍCITA DA IDADE, ODIO PROGRAMADO, CRUELDADE ANESTESIADA E DEMASIADO PODER (INFINITO, SON PRACTICAMENTE IMPUNES). ESQUENCERON QUE O QUE FAN COMO PERSONAS (E SOBRE PERSONAS), É AMORAL. E TERRORIFICO. NOS CAMPOS A XENTE ESTÁ ENFADADA, ENTRÁRONLLES NAS CASAS DAS SÚAS VILAS DE NACEMENTO, PARA EXPULSALOS SEN MÁIS E MANDALOS A VIVIR NOUTRA CIDADE, DE REFUXIADOS, SUBURBIAL. TEÑEN QUE CONSTRUIRSE OS MOBLES DENTRO DAS CASAS, PORQUE ALGUNHAS RÚAS SON TAN, TAN ESTREITAS QUE NON ENTRA UN SOFÁ. E DISPÁRANLLES NAS TUMBAS, E NA CARA. LEVAN ALÍ DENDE O ANO 1948 OU ASÍ. A SEGUNDA INTIFADA NO 2003, EN NABLUS NACEU EN BALATA, OS XÓVENES CANSÁRONSE E COLLERON AS ARMAS E AS PEDRAS. E PERDERON, DIXO WUASDI QUE MORRERON TODOS E OS VIVOS ESTÁN PRESOS. BASTA DE HISTORIA. ESQUENCÍA: MUROS, MALLA METÁLICA, REXAS DOBRES E TRIPLES, ARAME DE ESPIÑO, MOITO ARAME DE ESPIÑO, VALLAS, PORTAS TRABADAS E SOLDADAS, MOITAS COUSAS ROTAS, IMPACTOS DE PROXECTIL NAS CASAS, RÚAS, PORTAS, NO CHAN, GASES LACRIMÓXENOS, NEUMÁTICOS QUEIMADOS, PEDRAS, MOITAS PEDRAS, CHEK POINTS, BARREIRAS, GRUPOS DE SOLDADOS QUE VES DE LONXE, FRANCOTIRADORES QUE VES DE LONXE, SOLDADOS DE CERCA, CASETAS MILITARES, RESTOS DE CASETAS DESTARTALADAS, RESTOS DE TELA DE CAMUFLAXE, PORTAS E CONTRAS DE FERRO, CARTEIS QUE AMEAZAN DE RISCO DE PERDA DE VIDA EN CASO DE CONTINUAR.
ANIMALES RESISTENTES (QUE NO VENGA TODO LO QUE PODEMOS SOPORTAR)
“FUCK THEM” E CRUZA AS MANS CON ENERXÍA, COMO SE FIXESE O XESTO DE “JALASH”, YA BASTA , PASO. DUAS MANS GRANDES DE FISIOTERAPEUTA DE NOVELA, DE 50 ANOS LARGOS. MAIS BEN, 50 ANOS CANSADOS, INTENSOS E ESPERTO. MIRADA DE QUEN NON DURME. ESPERTO DE MEDO NESE ZOOLOXICO NO QUE ESTÁ CONFINADO. OXE, AGORA. TEN UN KILOMETRO DE AUTONOMIA, O FILLO DE 11 ANOS FAI OS RECADOS DA CASA ( NON TEN PINTA DE SER DOADO FACER OS RECADOS), É PRECIOSO, NA DESPEDIDA UNHA CANICA AZUL DA SORTE. PARA QUE O PROTEXA. MANDOVOS BICOS E A VER SE VOS CHEGA O CHEIRO DE FORA. MANDOVOS AMOR, E FORZA. QUE TRISTEZA TAN GRANDE POR UN MOMENTO, RECORDAR A NENA AVANEANDOSE NA TERRAZA DESA GUERRA. HEBRON É TERRIBLE. “FUCK THEM” NON LLES FAGO CASO, QUE MÁIS QUERERIAN QUE LLES FIXESE CASO…“O MEU XENIAL VECIÑO” LIDER DA LIGA MUNDIAL DE DEFENSA DOS XUDEOS, QUE PARACE UN ASESINO (ESTA É UNHA OPINIÓN MIÑA, E ESPERO QUE NON SE ENTERE DE QUE ESTOU ESCRIBINDO ISTO, PORQUE REALMENTE DA MEDO ESE COLONO, PESE A NON SER MOI GRANDE). EN HEBRONX PÓDENTE GRITAR COMO SE FORAN A MATARTE, METRALLETA EN MAN, BOLSILLOS INCHADOS, MIRADA IRACUNDA, POR TERLLES DADO CO BALÓN NO POSTO, XOGANDO AO FUTBOL. SUPOÑO QUE É POR SE É UNHA BOMBA. ESTA IDEA BERROUMA O MEU PAI, OU O MEU IRMAN, NON SEI. QUE SE EMPEÑAN EN FACERME ENTENDER E APREHENDER, E REPETIR EN ALTO, QUE HAI FILLOS DE PUTA NOS DOUS BANDOS. E CLARO QUE OS HAI, EN TODOS LADOS HAINOS, ALI TAMÉN. ESTÁ CLARINETE. PERO EN VEZ DE SEGUIR BERRANDO PODIAMOS FALAR DO QUE ESTÁ PASANDO ALÍ. DIGO AGORA, O QUE VERÍAS SE MIRARAS NAS RÚAS, NON NOS DESPACHOS, QUE A MIN DAME POLO CU O QUE PASA NOS DESPACHOS. O QUE LLES PASA AOS NENOS DE 6 ANOS QUE XOGAN AO FUTBOL E MANDAN UN BALÓN NA CASETA MILITAR DA ESQUINA. O QUE LLES PODERÍA PASAR SE O MOZO DA METRALLETA, DE 20 ANOS, TEN UN DÍA “MALO”. O QUE LLES PASA AO IR Á ESCOLA. O QUE LLE PASA A UN HOME ACURRALADO QUE NON PODE TER TRABALLO ALGÚN, XULGADO POR TER UNHA ASOCIACIÓN VECIÑAL. E NON QUERIA ENFADARME. PERO ESTOU GRITANDO. TODO MEZCLADO. NON SON CAPAZ DE DISTANCIARME DO QUE ME PROVOCA, NON PODO FALAR CON DISTANCIA. FUCK THEM.
APARTHEID (LA VANALIZACION DEL MAL)
NON SEI ESCRIBIR BEN A PALABRA “APARTHEID”, SI É ASI, É SORTE, NON PODO ASEGURALO…PODERIA MIRALO PERO DA IGUAL. TAMPOUCO TEÑO MOI CLARO O QUE SIGNIFICA EXACTAMENTE, Á QUE FAI REFERENCIA. DIRIA QUE A SEGREGACION RACIAL EN AFRICA, PERO NON SEI SE INCLUE A ABOLICION DA EXCLAVITUDE POR EXEMPLO. E COMO SE ME REULTASEN HISTORIAS CONFUSAS, AS DESTE TIPO. NON ACABO DE ENTENDER OS MUROS NA TEORIA. A MIÑA MEMORIA NON RETEN A DESCRIPCION HISTORICA, AINDA QUE SI AS LETRAS DE CANCIONS, INCLUIDAS NOUTROS IDIOMAS QUE NON SEI FALAR BEN. É COMO SE NON MO CREESE, NON LLE ATENDO. NON E VOLUNTARIO. NIN RENTABLE, CASI NUNCA GAÑO DISCUSIÓNS. FUNCIONAME APRENDER NA PRACTICA, VIAXES, TENTATIVAS DE FACER COUSAS, QUE ME LEVAN A CONVIVIR NESES MOMENTOS HISTORICOS, OU NA SUA POSTERIORIDADE. TODO ISTO PARA QUE NON VOS FIEDES MOITO DE COMO DESCRIBO OS DATOS, MELLOR SERIA QUE O VIVIRADES. AO CASO, O QUE SI SEI É QUE A PALABRA “APARHEID” ESCOITASE E LÉESE CERCA DA PALABRA “PALESTINA”.
MEMORIA RECIENTE (BALAS Y CICATRICES)
ESOS DOS AMORES QUE TENSO: EL ROMÁNTICO, BASADO EN LA EXALTACIÓN Y EL ANHELO. LA NOSTALGIA, LA ANTICIPACION DEL DOLOR POR LA POSIBLE FALTA, EL DRAMA , LA INTENSIDAD, LA BUSQUEDA DE LOS LIMITES, EXPLOTAR DE AMOR Y VER ENVEJECER A UNA PERSONA, DE CERQUITA. Y, EL OTRO, ES EL DE CUANDO ESCOJO NO SUFRIR, O AL MENOS NO LO MIRO CON CONDESCENDENCIA Y RESPETO DE VÍCTIMA. PRIMERO DESAPEGARME DE LA OTRA IDEA DE AMOR. PARA CAMINAR EN LA ACEPTACION, EN LA DESTRUCCION DE LAS EXPECTATIVAS. VERME ENVEJECER A MI MISMA ES SUFICIENTE, ME DIGO, Y ADEMAS NUNCA ESTARE SOLA (HERENCIA FAMILIAR). LA SOLEDAD COMO LUGAR MISTERIOSO Y FANTASTICO. LA RECONQUISTA DEL UNO, DE LA UNA. LA EROTICA DE LA SOLEDAD IGUAL DE POTENDE QUE CUANDO LA PROYECTABA EN OTRA PIEL Y OTROS ANTEBRAZOS. LA IMPORTANCIA DE MI OMBLIGO, UNICA. ALMA CEREBRO CORAZON SEXO BOCA ANO UNICOS. ESPALDA… INCOMPARABLES CON LOS ANTEBRAZOS Y SUS MANOS. CON LAS PIERNAS, LOS PULMONES, LOS OJOS..TODO ES INCREIBLE. ESA ES LA LOGICA. Y FLUIR, RESPIRAR Y BEBER. LA VIDA ES FLIPANTE.
PEQUEÑOS ALTARES
TODO MI RESPETO AL SER HUMANO, A SU INFINITUD, DIVERSIDAD Y RESISTENCIA.
PENSAMIENTO PARA EL MURO MARROQUÍ EN TERRITORIO SAHARAUI, MAS LARGO AUN QUE EL ISRAELÍ EN TERRITORIO PALESTINO, Y OLVIDADO.
LARGA Y BUENA VIDA A TODO NIÑO Y TODA NIÑA.
AMOR Y AIRE PARA LA SELVA-PULMON.
LUCIDEZ PARA NO HACERLE COSAS TERRORIFICAS A OTRO SER VIVO. Y BUENA SUERTE, PARA QUE NUNCA ME LAS HAGAN, NI A MIS SERES AMADOS.
Fotos: Alfredo Pérez // Fotografía (tratamiento + retoque): Fabiana Corrêa