DIA DAS LETRAS GALEGAS 2015: O CORPO DE FRANCO LATEXA, E A MOITA HONRA

 

estracto do blogue UN PAIS EN LATA, Fran P. Lourenzo.

http://unpaisenlata.wordpress.com/2014/07/07/a-implosion-do-17-de-maio-filgueira-valverde-o-escuro-mediador/

(…Hai tantas sombras na traxectoria pública de Filgueira que este Día das Letras Galegas podería converterse, ogallá, nun trasunto daquel programa de Telecinco, Hormigas Blancas, dedicado a exhumar a hemeroteca dos famosos.  En 1935, ano no que Castelao e Bóveda regresan dos seus desterros, Filgueira Valverde comandou unha escisión do Partido Galeguista, a chamada Dereita Galeguista. De tal xeito que O Escuro Mediador foi quen de seguir sendo galeguista e republicano, pero xa cun peíño no de despois. A súa entrega sen moitas reservas á sublevación militar do 36 non se compara nin de lonxe coas veleidades de Torrente ou de Cunqueiro co lado escuro. Coñezo os problemas, dúbidas e atrancos que estes dous escritores tiveron coa oficialidade da ditadura. O propio Vicente Risco afastouse da vida, recluíuse no seu medo. Non sei, porén, que Filgueira tivese nunca ningún problema en ostentar cargos do Réxime -foi alcalde de Pontevedra e propiciou o estrago de ENCE na ría, procurador en Cortes, presidente de tribunais provinciais-, nin en participar en actos de propaganda e emisións radiais dos sublevados, nin se debeu importar demasiado coa consideración de intelectual útil e afecto que se lle outorgou decote, porque estar estivo en todos os allos…)

franquistaAquí Francisco Franco, aquí un amigo. Fotografía tirada de diarioliberdade.org

This entry was posted in proceso. Bookmark the permalink.