Non hai pasado, tan só relatos do pasado
A memoria, cando é oficial, agocha silandeira a organización do esquecemento
¡Amnesia estrutural! Contémonos, bailémonos
Fragmentos illados, historias na pedra. Música, vento
Longa noite de choiva… Todas necesitamos verán
Bailar para mover a Historia. Os pés para contar historias
Representar a sociedade coa danza, porque as rúas son pistas de baile
A danza xa está na cidade, caótica coreografía de corpo e memorias
‘Nin os uns nin os outros’… senón todo o contrario
Longa noite de choiva… Todos necesitamos verán