A Cidade da Cultura non pode nin debe dedicarse á Cultura

«A Cidade da Cultura non pode nin debe dedicarse á Cultura»: Unha lousa de máis de 500 millóns de € que anula toda posibilidade dunha política cultural en Galicia (1).

A realidade é que ata a fecha a terceira parte do orzamento da Consellería de Cultura (verbigracia, e agora Turismo) para as accións de promoción cultural é destinada a Cidade da Cultura, entre outros fondos. Tanto a Agadic e as súas políticas culturais de apoio á creación ou á distribución, por exemplo, coma o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) xa sen patronato, a Rede Galega de Teatros e Auditorios, as unidades de produción CDG e Centro Coreográfico Galego, o Museo do Pobo Galego, as asociacións sectoriais, os distintos festivais de artes escénicas, cine e música, os Estudos Superiores e Escolas das distintas Artes e un largo etcétera, están a ser drenadas ata a inanición polo burato negro que é o Gaiás, a súa débeda e a fútil actividade que se desenrola nel dende a súa opaca Fundación Cidade da Cultura de Galicia. A vida é irreversible, o tempo pasa, a destrución é moita: hai liñas vermellas. Límites que impiden a apropiación do recinto e a súa actividade polo contexto galego, xa que a situación está no camiño de resultar un cambio de paradigma cultural «catastrófico» (como se define na Ciencia no estudo dos sistemas). Unha lousa orzamentaria que anula a posibilidade de xerar calquera tipo de políticas culturais para as forzas vivas galegas.

Situación extrema da que se hai que facer cargo dende a cidadanía e desarticular urxentemente esta deriva necroinstitucional. Fraco favor lle estaremos a facer á Cultura, aquí en Galicia, se sumamos nosos afectos, individuais e colectivos, a un continente que drena de recursos, estructura e actividade ás xa de por sí exiguas políticas culturais do contexto do xeral, a nós. Non nos podemos deixar contaxiar pola inercia actualmente psicopática dos organismos no poder. Non pode ser que co noso traballo e asistencia ó Gaiás, lexitimemos esta deriva mortuoria. Non poden seguir pasando os anos e se continúe sepultando semellante parte do noso orzamento cultural autonómico neste despropósito centralista. Non é ético que axentes culturais galegos e cidadanía lexitime tal barbarie, nun devir inxenuo, acrítico, inercial, disparatado: sen toma de terra ou perspectiva.

Participar na Cidade da Cultura en calquera dos seus ámbitos; como xestora, funcionaria, artista, promotora, traballador subcontratado ou colaboradora, espectador, asistente a unha reunión incluso, etcétera; significa, sen ningún xénero de duda, soster en maior ou menor medida a deriva e articulación desta forma do perverso en acto. Xeramos a súa posibilidade de ser e continuar. Por facer un tropo, a coñecida filósofa Marina Garcés fala de «turismo extractivo», e corresponsabiliza ás persoas do modo en que se relacionan co territorio e das consecuencias que iso ten. Pois aquí sucede o mesmo, o descoñecemento non purga das consecuencias da participación: seguindo a Garcés, ¿cómo chamamos o que se está a desenvolver?: Arte extractiva. E o que se extrae son recursos materiais e simbólicos en aras dun orden alleo á vida. Un uso que supoñe asumir un agravio tal que ao pasar por riba dél, entérranos como comunidade máis profundamente. É perder. A clase cultural repetindo a súa diferenza para non desaparecer, no caso dos roles da Arte. Rendindo pleitesía as urxencias tantas veces inmorais da supervivencia, do ego, do interés particular ou da chantaxe económica por parte da Institución: un ser sen liberdade. Todas sabemos que a cultura real está sucedendo permanentemente fora do Gaiás, «os pobos siguen construíndo os seus mundos outros, moi lentamente, a contracorrente, na oscuridade da vida cotiá, lonxe, moi lonxe das campañas que derrochan recursos e discursos (2)».

A Cidade da Cultura é un simulacro posto ao servicio de intereses moi concretos de axentes políticos que crean os seus propios contidos culturais e tratan a cidadanía como mera espectadora pasiva de productos que parasitan e apropian os seus recursos, de todo tipo. Sen atender en realidade nin ao seu Dereito Universal de Acceso á Cultura, Creación, Producción e, por suposto, ao de lexítima Participación nos seus propios termos. Capitalismo cognitivo e radical en estado puro, irrespetuoso coas persoas e ursurpador do seu tempo e intelixencia: constructor da realidade cotiá de arriba cara abaixo, desconsiderada e condescendientemente: desactivador da crítica e disposicións do procomún: un devir mortuorio en toda regra. Coa nosa participación tácita, inmadura ou interesada, non deixamos de activar tal modelo económico-social e axudar a que permaneza hexemónico, único e autista. Anulando un horizonte de convivencia complexo. A situación do Gaiás é especialmente paradigmática da «guerra cultural» que estamos a vivir, máis esencial ca guerra política, e que, insisto, xestiona e coreografía vida e afectos. Hai que espabilar porque estamos as portas do proxecto político-religioso Xacobeo 21 como liña centralizadora da política cultural autonómica, unha arquitectura sistémica coa que se da pasos de xigante no solapamento da Cultura e do turismo, a gran distopía contemporánea, fulcrado en mentiras de Fe para beneficio duns poucos. Decía Hannah Arendt que «o mal nunca é consciente e radical», aquí en Galicia a ignorancia institucional xa resulta catastrófica.

Maria Pereira, Directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia: «recursos hay lo que pasa es que están mal repartidos (3)». E tanto.

javier martín,
investigador e coreógrafo

______________

[Bibliografía: (1): «La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas culturales en Galicia», autor Jorge Linheira – Libros.com. (2): «El mundo de abajo crece en silencio» www.elsaltodiario.com/autor/raul-zibechi (3): «Hacia una salida democrática de la crisis» bit.ly/2ZFPlNY].

 

______________

links de interese_

http://aaaaarte.com/noticia/2011/03/cidade-da-cultura-arquitectura-pura-para-el-pueblo
www.laopinioncoruna.es/galicia/2580/eisenman-achaca-coste-cidade-da-cultura-ordenes-xunta/145649.html
https://www.eleconomista.es/construccion-inmobiliario/noticias/6830329/06/15/El-terror-urbanistico-de-la-burbuja-II-las-ruinas-de-la-Cidade-da-Cultura.html
https://praza.gal/opinion/galicia-e-o-seu-aeroporto-sen-avions
Extracto do libro “La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas culturales en Galicia”, autor Jorge Linheira no facebook do IGAPA Instituto Galego de Praxe Actual: www.facebook.com/1540433409513365/posts/1902591436630892
https://praza.gal/cultura/a-cidade-da-cultura-recibiu-en-2018-tantos-asistentes-a-eventos-privados-como-visitantes-das-exposicions-publicas
https://praza.gal/politica/o-gaias-300-millons-despois-de-contedor-sen-contido-de-fraga-a-difuso-parque-tecnoloxico-de-feijoo
https://m.eldiario.es/galicia/politica/publico-privado-financiar-actividades-Ciudad-Cultura_0_918658733.html
https://www.cidadedacultura.gal/es/transparencia
millóns por aquí e millóns por alá…
https://praza.gal/politica/feijoo-anuncia-un-novo-edificio-na-cidade-da-cultura-para-as-universidades-que-custara-outros-17-millons-de-euros
www.elprogreso.es/articulo/noticias/fomento-licita-la-obra-del-enlace-de-la-cidade-da-cultura-con-la-ap-9/20170729152458411835.html
https://m.eldiario.es/galicia/politica/Cidade_da_Cultura_0_890661276.html

https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/700000-euros-fondos-i-d-i-trasvasanse-obras-cidade-da-cultura/20181002115959072538.html

www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/04/01/gaias-contara-explanada-grandes-eventos-aire-libre/0003_201904S1C1995.htm
https://m.eldiario.es/galicia/Xunta-plantar-iluminar-Cidade-Cultura_0_421358160.html

https://praza.gal/politica/o-tribunal-supremo-condena-a-xunta-a-pagar-3-millons-de-sobrecustos-na-cidade-da-cultura-o-proxecto-carecia-de-definicion

Fundacion Cidade da Cultura:
https://www.eldiario.es/galicia/Fundacion-Gaias-programacion-Cidade-Cultura_0_324068620.html
www.nosdiario.gal/articulo/cultura/xunta-quere-deixar-atras-debate-politico-cidade-da-cultura/20211228200931134791.html

About javiermartin

www.javiermartin.gal
This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.